Texto: ODP
Foto: David Tombilla
Houbo un tempo no cal os concertos e os
discos ían xuntos da man. Se non tiñas un directo da ostia
probablemente non che ía saír unha boa gravación de estudio porque
non existía o Pro Tools, nin o Cubase nin ningunha ferramenta pra
correxir os erros, daquela a única opción era levar os temas
ultramaiados do local ao estudio pra repetir tomas o menos posible e
aforrar cartos. Naquela época esta era a norma principal pero a
finais dos 60 comezaron as sair traballos produto de sesións
improvisadas ou en todo caso semipreparadas. Moitas bandas formáronse
partindo de esta premisa definindo a súa proposta co paso do tempo.
En Galicia, no ano 2014, hai un conxunto que recolle o mellor de esa
tradición, chámanse Guerrera e misturan psicodelia, blues-rock
pantanoso, improvisacións, ritmos afroamericanos, riffazos stoner,
etc. Algo que xa se intuía no seu primer traballo Under the Gypsy
Sun (2012) e que queda sobradamente demostrado no seu novo
traballo de nome Mauna Loa. Falamos con eles:
REVISTA PORNO: De toda a vida sempre
houbo un debate aberto entre a orixinalidade e o purismo estilistico.
Persoalmente penso que unha cousa non ten por que estar pelexada ca
outra sempre que se lle busque un certo sentido de cohesión, o
exemplo máis claro que vexo son os White Denim (que me descubriu
Iago de El Pueblo vía alguen de vos) que a pesar de ter un son
clásico fan como unha mistura estilística moi rica en matices e o
final sonan supercompactos. Pra que me entendades, un exemplo: se no
medio dun ensaio a alguen se lle ocorre un riff tipo "Fugazi",
restrinxides esa idea por ser entre comillas "moderna" ou
en certa medida facédela evolucionar ata que se aproxime ao son que
buscades??
GUERRERA: Esas dúas bandas das que fas
referencia son un claro exemplo de que se pode mesturar sons máis
antigos con outros máis novos. Sobre todo en Fugazi, onde podías
atopar claras influencias de Neu! e doutras bandas kraut europeas dos
70s, que se fundían co punk e o hardcore político e combatido. O
mellor é non restrinxirse a ningunha idea, e que vaia fluíndo todo
da maneira máis natural posible.
RP: No voso primeiro traballo había
como un son más homoxéneo e máis compacto, no sentido de que todos
os temas seguían unha liña similar, sen embargo en Mauna Loa
hay un horizonte aberto, saen a luz multitude de influencias de
estilos distintos. Ata que punto os Fistin' Brothers (productores do
disco) teñen que ver no son deste novo disco??
G: Sobre todo no son do disco, fan que
medre a música, que dalgunha maneira está feita primariamente e
eles aportan ese toque de calidade.
RP: Está claro, polo menos pra mín e
pra moita xente do meu entorno que o voso forte é o directo.
Compoñedes en función do que vaiades a tocar nos bolos ou pensades
máis na propia gravación?
G: Non temos a sorte de poder ensaiar
moito, e todo o que facemos é para o directo, onde nos sentimos
cómodos. O perfecto sería facer o disco e tocalo por aí adiante o
máximo posible, e gravalo cando estea ben compacto.
RP: Dende hai xa bastantes anos estase
a producir o fenómeno do revival dos anos 60/70, bandas que sonan
practicamente a calcos doutras bandas de esa época, que opinades o
respeto?
G: Buf. Persoalmente poucas desas bandas me fan gracia. Mellor o caos sonoro e influencias de bandas desa época que dis, que non sexan os tópicos de sempre. Amon Düül II, Guru Guru, Soft Machine, Gang of four, Faust, Máquina!, Camarón...e así ata o infinito. Led Zeppelin e Black Sabbath molan pero...tanto revival de cousas tan machacadas, supoño que será temporal.
RP: Cibrán de Monstruo chivoume un par
de preguntas das súas que me parecen moi interesantes: ¿ que
pensades do noso propio folclore? O folclore moitas veces está máis
próximo ó sentimento (pasa no blues). Á hora de compoñer as vosas
cancións pensades máis no sentimento ou na forma?
G: O folklore da terra está bastante
ligado ao voodoo africano pero dun xeito druida. Darlle oxtias a unha
pandereta repetindo o ritmo ata entrar en trance e berrar e cantar
por enriba, como facían as mais de antaño. Iso si que é jarcor,
blues é actitude. O sentimento sempre por riba á hora de facer
cousas deste tipo.
RP: Como levades o tema da dispersión,
porque parece unha constante que os grupos se separen porque viven en
cidades distintas ou traballan (Lendrone, Telephones Rouges...)?
G: A fin de contas isto é só unha
excusa pra poder saír cos teus colegas a tocar por aí. Cando cousas
coma o traballo ou necesidades de importancia se interpoñen, non
queda outra que aceptar e intentar tomalo o mellor posible,
respetando sempre as decisións dos teus compañeiros e axudando no
que sexa posible.
RP: Tocades ou tocastedes algunha vez
en directo algún tema que non este gravado ou editado?
G: O que está gravado nunca o tocamos
igual, sempre hai algún cambio ou impro. Antes si tocabamos un tema
que levaba harmónica, "Verdugo Rio de Blues".
RP: Tedes algún referente artístico
(cineastas, escritores, cociñeiros, afiadores ...) non musical que
vos haxa influído dalgunha forma?
G: Cada un de nós ten as súas influencias, supoño que coincidimos nestas: Joseph Conrad, Jack London; Jodorowsky, Tarkovsky; cociñeiras, nosas nais. E as persoas de aldea que teñen a súa horta e viven sen frenetismos.
RP: Que opinades da gran cantidade de
grupos que están saíndo en Galicia nestes últimos anos? Algunha
recomendación en concreto?
G: Están saindo cousas caralludas, podería facer unha lista sen fin, pero dígoche os colectivos: Metamovida, Discos Porno, Seara Records, Matapadre...
RP: A meirande parte destas bandas
comparten modus operandi con vos, e dicir, a filosofía DIY, ou faino
ti mesmo, en contraposición co tema das discográficas,
distribuidoras, managers e promotores "grandes" ou da
escena máis "mainstream", ¿que opinades de todo esto?
G: É a maneira mais natural de facer as cousas, a xente está con moitas ganas positivas de crear fóra do sístema. Pouco a pouco imos construíndo a nosa propia cultura e eso enriquece ao individuo e o fai forte ante a inxusta vida que nos ofrece este país mediocre.
RP: Actualmente compaxinades o grupo
con outros proxectos?
G: Todos estamos metidos en cousas, traballos, estudos de gravación ou outras bandas e proxectos.
RP: Por último, tortilla con cebola ou
sen cebola ?
G: A metade de cebola e a outra metade sen ela, unha tortilla ying yang.
No hay comentarios:
Publicar un comentario