domingo, 27 de julio de 2014

Editorial #2




Estamos en contra de moitas cousas. PORNO existe para estar a favor de algo:

  1. Non nos gusta agora. Gústanos antes, pero antes xa pasou. Somos futuristas, pero o futurismo xa pasou tamén. Estamos en contra do progreso (Internet, tablets) e en contra do retroceso (o revivalismo sixties vintage). En PORNO queremos algo novo do que estar a favor, como unha especie de sintetizador-orgasmatrón.
  2. Hoxe nada é importante. PORNO somos inimigos da falta de contido e a pretenciosidade: dominicales, profesores de secundaria, cartas al director, interiorismo, turismo, emprendedores, militar por internet. Somos románticos, queremos poder dicir cousas trascendentes sobre o destino, o amor e a sociedade sen parecer imbéciles ou ilusos. Queremos ser importantes.
  3. A música agora é ocio, e iso implica que vai despois de todo o importante. Mellor ó revés. A música agora é entretemento, e estamos contra o entretemento. E contra o aburrimento. A xente quere marchar dos concertos e vai a eles como se fora a facerche un favor. Os concertos antes eran maxia ritual e se tocabas mal determinadas cancións podían executarte. Ter unha guitarra é ter unha responsabilidade. PORNO tentamos actuar conforme a isto.
  4. A idea do pop vén da idea do popular. Antes de que puideran gravarse sonidos, a música facíaa a xente co que tiña a man. En todas partes hai sillas e potas. En case todas partes hai ordenadores e móbiles. En PORNO non hai profesionais: os dominicais están cheos de profesionais, e os cementerios. O que facemos nós pódeo facer calquera. Estamos a favor do pop, a favor do muro de sonido. Ningún nen@ sen teclado Casi@.
  5. Isto é parecido ás foliadas, pero calquera idea de tradición é mala e aburrida. Estamos en contra da repetición vacía. Estamos contra repetir por medo, contra repetir por comodidade, contra repetir porque se sabe que algo funciona. Estamos a favor de repetir por sorpresa sorpresa.
  6. O rock and roll estivo ben pero xa. Leva demasiados anos dando lástima. Somos xóvenes e por iso estamos contra todo o que nos deron. A única maneira de seguir sendo rebeldes é fracasar constantemente. En caso de gañar seremos tristes xubilados funcionarios como o 90% do país.
  7. Hoxe importa parecer, antes importaba ter e máis antes importaba ser. Nós queremos ser, queremos suceder, pero non como antes. Só se pode suceder agora. Nada sucede en Internet, nin sequera PORNO. O táctil e o 3D existían antes de Cristo.
  8. A música que queremos ten que ver co sexo, pero non co sexo de despois da música e o atractivo dos artistas, senon mentras a cousa acontece. Ninguén pode facer o amor por ti. Prescinde dun autómata e faino ti.
  9. Estamos organizados para que poda pasar calquera cousa. O contrario é aburrido. Ser eficiente é aburrido. Estamos mal organizados. Buscamos un equilibrio entre controlar o que facemos e perder o control. Non queremos controlar a ninguén.
  10. Estamos a favor de dubidar. Hoxe todo o mundo está seguro de estupideces. Pensaches algunha vez que Internet podía ser unha merda? En PORNO non sabemos argumentalo porque dubidamos, pero sabemos que a maioría da xente está equivocada.