domingo, 29 de diciembre de 2013

TODOS SOMOS UNS GILIPOLLAS e ti tamén




Agora.Agora.Agora.Agora.A música é moi decadente hoxe. Agora. Niso estamos dacordo, porque todos preferiríamos vivir en Nova York no 76 ou en Londres no 66 ou en Vigo no 82. Pero non AGORA. Ou non, pero como calquera opinión para ser libre ten que ser fascista isto está baseado en xeralizacións e medias verdades destinadas unicamente a manipular mentes suxestionables. A obxectividade non existe e a razón téñoa eu ou, en todo caso, quen edite este texto e terxiverse as miñas palabras.

En todo caso, o rock and roll sempre foi unha cousa de xente nova que se rebela contra a xeración anterior de gilipollas ata que se volve gilipollas e aparece outra xeración que se rebela coa súa propia gilipollez ;;;; e durante eses momentos aparecen discos que son puro lume e que nos incitan a bailar a golpes, invadir escenarios e romper mobiliario urbano. Ou non. E ás veces a sociedade se pon nerviosa, ou non, pero logo pon de moda unha estética reduccionista do que é calquera destas cousas e aparece xente que se apunta á moda e acaba pensando que Minor Threat son un bo grupo de punk-rock para tomarse unhas caipirinhas cervezas (esperando/a) e Samuel L. París será o próximo Antón Reixa e haberá un revival de Anxo Quintana e de Ramon Sampedro. NO ROBARÍAS UN BOLSO

O problema hoxe é que necesitamos, ou non, rebelarnos contra a xeración anterior de gilipollas (nós, a xuventude, ou non, xa, agora) pero non podemos porque xa nos volvimos gilipollas sen facer ningunha revolta. Vellos. En lugar diso, apuntámonos a todas as modas anteriores transformadas nun par de camisetas estúpidas que vende Zara. Os vellos son os inimigos. Non haberá máis xubilados.



Os fans, aprendédeo xa, non tedes ningún dereito á parte de ser constantemente ignorados e insultados polos vosos artistas favoritos porque se son os vosos favoritos son precisamente porque vos tratan como merda. Os fans non son nada, son vellos, e son os inimigos, e non teñen cadeiras, teñen spotify. NO ROBARÍAS UN BOLSO

Nunca a xuventude foi tan conservadora, ata o punto de que cando morran os vellos que votan ó PP dará igual porque xa non hai máis que vellos; pero en todo caso o auténtico punk da política non é Beiras, é Toni Cantó. Os dous son moi guapos en diferentes épocas. Vellos. Vintage. Spotify. Son vellos, non negros. Son datos.

Non conseguiremos nunca fabricar o noso Obama porque os negros fan todo mellor, especialmente a música. Nunca seremos negros e iso é unha putada porque o rei está inchado e a Elvis xa lle pasou primeiro. Nunca foi vello nin baixista dos Pretenders. Cuanto viejo y yo que puta. Un xubilado é un vello por moito que diga o seu facebook, non é un negro.



E todo o mundo sabe que o progresismo é mellor que o conservadurismo, e que paradoxicamente o rock progresivo era completamente dictatorial. Pero en todo caso o 15M apestaba a Serrat y Sabina e Abaixo a dentadura e ademais, todo o mundo sabe que foi un anuncio de Vodafone. NO ROBARÍAS SPOTIFY

Eu non quero conservar a Rosalía e as muiñeiras e vós tampouco. Podemos quedar para queimar mulleres, libros e CDs. Castelao era un fascista (Castelao, Sempre en Galiza, 1977). Aquí NUNCA pasou nada.

E algúns de vós seguro que montastes un grupo. Eu tamén o fixen, e dedicámonos a pasar a maioría do tempo xuntos rajando doutros grupos que non coñecemos porque son unha merda e conseguen moitos concertos e contratos discográficos e que a xente lles diga que molan e ter EPs e LPs e Singles e instrumentos chulos mentras nós non temos cartos nin para comprar un prato. Temos envexa. Somos vellos cobardes. Somos fans. Somos os pais. Cuanto viejo y yo que puta. Os vellos tocan country e blues coma brancos. Robert Johnson nunca se xubilou.



Nunca seremos negros e iso é unha putada. Porque agora podemos perder as nosas casas e pasar fame pero igual porque non temos un mecanismo para dicir nada interesante. A cultura non pode ser constitucional. Son House non é computable.

Ese é outro problema, a xente agora é menos interesante que antes, probablemente por culpa de Internet. As bibliotecas públicas ás veces están ben, un día vin a un home facendose unha palla vendo porno de balde nos ordenadores. WIFI é liberdade. A liberdade non ten porque estar ben. He leído y acepto las condiciones de uso. A cultura debe ser ilegal. OS CARTEIRISTAS FAN ARTE, OS ARTISTAS ROUBAN BOLSOS

Hoxe escoitamos música pero escoitámola mal en varios sentidos porque utilizamos os altavoces do ordenador e a calidade é mediocre e non se distinguen as liñas de baixo. Somos tan brancos como Siniestro Total, como xubilados vintage, como noxentos publicistas e diseñadores gráficos limpos. E nos tamén somos uns pedantes. Me gusta el toque que le has dado. Sigue así y llegarás lejos. He quedado con los chicos. Me tocan los niños este fin de semana. Los peques. Eran otros tiempos. Doné semen y no me siento orgulloso. Tuve que vender mis discos de los Dire Straits. Tengo una stratocaster para los findes.



O problema realmente grave é que somos uns masoquistas absolutos en canto á música. Solo nos gusta a música que xa coñecemos e iso fainos completamente incapaces de progresar. E todo o mundo sabe que o 15M foi un anuncio de Movistar Imagenio. E todo o mundo sabe que son datos, non negros, si vellos, pero non Husker antes.

Imos ós concertos de todos eses vellos e esperamos que se comporten como Status Quo e toquen todos os seus clásicos compostos hai corenta anos. E eles volvéronse gilipollas e cumpren. Por algo a ninguén lle gustan os vellos. Eu quero xente xoven que sexa capaz de bailar sen próteses de cadeira. Ninguén pagaría por un concerto de Stephen Hawking ou Wild Balbina aínda que os dous xuntos podían ter certa gracia. Nos non temos cadeira (silla vs cadrís), nunca seremos negros, e iso é unha putada. Eu quero acontecer, como un negro. Hoy se cuece. Tengo un iPod.

Un dos de Lobishome Hüsker é gay, outro bisexual e outro ten un restaurante. Pero todos teñen Yoigo.



Os fans, aprendédeo xa, non temos ningún dereito á parte de ser constantemente ignorados e insultados polos nosos artistas favoritos porque se son os nosos favoritos son precisamente porque nos tratan como merda. Os fans non existen, son os pais e por iso son vellos e non son negros. Eu quero acontecer ou existir como existen os grupos desfavorecidos no programa do PSOE. Rubalcaba é un fascista como Castelao, porque non pode ser negro.

Odio ós Telephones Rouges porque me pediron que lles escribira uns textos e aínda por riba gustáronlles. Au Sang Suu Kyi

Aínda que hai que dicir que os seus concertos non se parecen entre si, igual que os de Cañita Brava e iso é admirable e vibrante. Stephen Hawking e Cañita Brava teñen unha extraña relación co rock no punto en que non teñen nada que ver. Porque o rock non é música.

Un grupo de rock é un hobby patético e triste como o é unha clase de iniciación á pintura para menopausicas ou un recopilatorio de Nelson Mandela.

A mellor música virá de grupos ós que non lles guste a música e que non ensaien nunca. O rock non tivo nunca nada que ver coa música.

Deixade de protestar cando non toquen a vosa canción favorita: estarán facéndovos un favor. Fai ti unha mellor ou copiaa e di que é tua. Se seguimos así nunca conseguiremos asustar a ninguén e seguiremos afundíndonos aínda máis nesta cultura musical de merda na que os grupos son gilipollas, os críticos son gilipollas e o público é vello e todos están pensando o gilipollas que son os outros por non ir ós seus concertos, por non ler as súas críticas ou por non tocar a música que lles gusta, e o verdadeiro problema é que todos son vellos pero non nos xubilaremos e os negros necesitaron seren escravos para que o rock non sexa agora un segredo.

Nunca conseguiremos asustar a ninguén, e así nunca seremos negros e o mundo seguirá sendo unha merda e escoitaremos máis música de merda composta para esquecer que este momento non é o mesmo que antes, e antes non é o mesmo despois.



De verdade imos deixar que o rock and roll cumpra cen anos?


Luke Homo