jueves, 19 de diciembre de 2013

(CRÓNIKIT KAT)


xrm



Considero igual de importante:


que

unha escola de arte organice unha “mostra” de novos creadores.
E cando digo “mostra” non me refiro só aos seus traballos, senón ao camiño a percorrer para rematalos, facelos visibles e competentes.
As rutas cambian, e hai que trazar mapas, para descobrir e formar as ideas. Coordenadas para os bons mariñeiros.


que

os concertos se celebren a partir da tarde, e que os cativos podan asistir, desfrutar, medrar, e mañá podan crear non só esceas pantasma.
E se os cativos non poden estar onde se bebe, pois non bebamos, que é o pilar da pleitesía da música ao capitalismo: a que hora son máis caras as copas e cando ven máis xente a beber.



É IGUAL DE IMPORTANTE







(aplausos)











Reiniciamos?




SOMOS OS ELIXIDOS. REINICIAMOS

I Xornadas sobre economía de guerra, propostas alternativas á industria do audiovisual actual

Os estudantes de produción modular da Escola de Imaxe e Son de A Coruña organizaron nos días 14, 15 e 16 de Maio, unhas Xornadas nas que se xuntaron moitos dos novos e algúns dos experimentados (polo dos anos, que saber, saben todos) creadores e emprendedores galegos do audiovisual e das artes escénicas: do teatro, cine, música, á radio, aplicacións informáticas e animación.


A proposta, buscar rutas alternativas para sobrevivir e non quedar perdidos nun labirinto de ruído
e ignorancia.




Os participantes, activos e interactivos.
Grandes momentos e bon humor nas intervencións, como cando un ponente chegou a plantexar
coma ideal de felicidade “botar o día pescando nun río de África”. Cando menos é un bon xeito de
reiniciar

Tamén houbo momentos para ponherse serios, sendo os jippis masóns bolcheviques do cine e os
teatreiros os máis reivindicativos. Motivos hainos

Os músicos, coma no caso de Samuel París ou Rafa Anido, proclamaron readaptación aos
tempos, e seguer adiante abrindo camiño. Son a infantería da Chaqueta Metálica. Son os putos espartanos daquela peli. Sen maquillaxe nen caralladas. Son.

Algo máis complicado no caso do colectivo do Liceo Mutante, quen semellan vivir en persecución goebbeliana, e que xustificaron o bon positivo beneficioso da súa existencia cando o público lles
preguntou pola súa situación.


Mesas de debate nos tres días, cheas de

bonfacer (premios e grandes proxectos)

paciencia(cero apoio, e mínimo seguimento na maioría dos casos – a pesar dos premios e
dos GRANDES proxectos -)

actitude(como a do raposo buscando meterse nun galiñeiro).

café tabaco froita empanada emparedados









Obradoiros de radio, dirección de actores, deseño con Maya, creatividade e animación..
Microteatro en aulas e laboratorios da Escola, proxeccións dos trabalhos dos participantes nas
mesas. Lvoluten Osken e El viudo quiere mimos, dos Magnetova, dos que máis triunfaron entre o público.
O público, algúns coñecidos do tema, achegados dos participantes e rapazada activa.
Que medre a familia.



colouse na festa a que fora man dereita de paco vázquezSTOP
ten nome de enorme masa de auga salgadaSTOP
non falou con ninguénSTOP
só coa TVGSTOP
debeulle chegar noticia que había cousa boaSTOP
non quixo quedar aos pinchosSTOP




Reiniciamos, Reinventamos, Reformulamos










Nota do Autor: Os alumnos de produción da EIS que montaron o tinglado, celebraron o traballo en
equipo de dous meses con chuletón de kilo á grella e raclette fundido con cachelos.
Que non queden con fame, e se poden, que repitan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario