Non entendo nada do que están dicindo
Los Locos Hongos, pero paréceme mellor así. As voces só de vez en
cando, xeneroso. Xa está ben de discos nos que se sabe o que está
pasando. Porque se non o sabes estás inquieto e podería pasar
calquera cousa. É interesante usar te mueras. Tes unha caixa cunhas
letras e uns debuxos e segues sen entender nada, só ves palabras
raras. É estraño, non te enteras ben. É un antes, as violacións
pronto. Hai melodías e voces raras de fondo no medio dunha morea de
guitarras, pero non podo dicir moito máis. Papá é máis enrollado?
Ás veces sona unha sección rítmica dando caña, hostil. Leva máis
tempo acabar unha canción ou empezala? Estou farto de que os grupos
non me deixen espazo, quero sacar as miñas propias conclusións, non
son imbécil, que non mo dean todo feito. Leva machine. Ojalá que te
mueras. Ojalá no te mueras. Ojalá que te muevas. Te deseo lo mejor.
É un ritmo pesado co que non sei como comportarme, pero encántanme
as melodías podres e esas ideas de que o máis romántico, o mellor
para estar xuntos é estar ben jodido, o amor está estropeado, aquí,
en Cangas e en Vietnam. Kim, repetir riffs obsesivamente podres e
esas ideas de que o sonido ás veces é moi forte cousa. Estou
escoitando isto por internet. É moi inquietante, hai ruidos que son
agudos e me poñen nervioso pero en plan ben, e hai dinámica, o
sonido ás veces é moi forte e ás veces é suave. Kim Novak era
loira e de busto xeneroso. Hai ecos, como se estiveran tocando nunha
igrexa, e iso é complicado de asimilar para min. Máis melodías e
voces raras de estropeado, aquí, en cangas sen entender nada. Agora
o papa é máis enrollado que antes, as violacións pronto serán
legais. Os casettes sonan ben cando están gravados en casette. Esta
xente vive en mundos parecidos pero antípodas. Hai para parecer máis
nervioso coa machine. Sabes? Estás obsesivo. Busto ritmo pesado co
que non sei dicir moito máis. Deixen espazo! Repetir riffs
obsesivamente é mellor que deixarse morrer pouco a pouco, aínda que
as cancións sexan breves como espasmos dun colapso nervoso. Para
parecer máis nervioso só fai falta música e unha máquina cut-up
machine metal machine. É interesante usar as voces só de vez en
cando, porque se pode dicir máis coa machine. Os casettes ben
jodido, o amor está.
Isto empeza cun ritmo imparable e
sucio, eléctrico pero incluso na batería, estou sentado pero movo
os ombros, as pernas non porque estou canso e hai que ser moi moi moi
bo e seguramente estranxeiro para erguer da silla a alguén cando
está verdadeiramente apalancado. A portada que hai posta no Bandcamp
encántame porque non sei de que vai. Que grupos poden tocar en
museos e que grupos poden tocar en verbenas? Que tristeza non poder
tocar nin nunha nin noutra.
Logo atendín un pouco ás letras e non
sei moi ben o que din, prefiro a música, é menos concreta. É firme
e valente, logo hai por aí algún símil soviético e todo me ten un
aire militar. Termitas e cormoráns sempre me pareceron animais de
combate. Terremoto si é un gran nome, case tan bo como Gato Bazooka
e quizais un pouco mellor que Tigres Leones. Ás veces todo é
incluso solemne e serio, pero podería ser broma. Pájaro loco,
pajarete, riffs de garaxe.
En el instante siguiente.
hay bulla es un título genial. sonrisa. o todo lo contrario.
lo de los empujones de antes. rincones de discotecas. guateques sucios.
hombre gordo sudoroso, el club y todo eso.
parásito que absorbe la personalidad. sin colores.
sería una foto de familia disuelta. no puedes ir por la vida sin un plan.
acuestate con la luz de los hospitales y de los insectos
una chica, puede ser la adolescente de antes. importa. los huesos están mojados y fríos.
hay una pared (sudor) sobando a una adolescente tungente. rimmel barato
en realidad no hay bulla. el rock n roll antes o después.
acabar: la manera de tocar los platos de Tommy Ramone proviene de la sangre de los semejantes.
eres un impresentable. desconfia de los marcos de las puertas cuando hay un terremoto, consejo de padre.
boca en relación a la humedad. una rima fácil; muevete y di que bailas. empuja, deja que te toquen.
húndete corrido. petróleo. colores. no creo que
el truco esté en la mano derecha. follar con un alienigena, ingresar en un club, sé repulsivo y
acaba con un acorde inapropiado para joder al padre de Mozart.
¿atada? vomitando en un baño. un trailer de flashes, ahora caleidoscopicamente. o quebrada.
falsa modestia. falsa, se trata de volver a empezar algo. no se sabe lo que, pero alma española.
no tenemos carisma. chorreras y olor a aceite de freir.
Un compendio de profundidade analítica, información útil sobre servicios, gastronomía funky, alardes, teléfonos de interés, saúda do alcalde... Están implicadas dunha maneira ou outra as seguintes cousas:
Santi del Valle, The Pussycats, Luke Homo, Terremoto Sí, Moqueta, Travesti Afgano, Toni Colombo, Bobby Perú, Cholo, Pauli Pelo, Artur Máis, Fluzo, The Brosas, Cañita Brava, Caxade, Ataque Escampe,
Das Kapital, Thee Boas, Jay, Fantasmage, Cibrán, Los Locos Hongos,
Vietnam, Lady Gaga, Pachi Vázquez, Ari, Stephen Hawking, David Tombilla, Fogbound, Fernando Fernández Rego, Toño Rodríguez, Lúa Piznik, Xoán Nin Puta Idea, Estrambote,
Lou Reed, Roberta Vázquez Algúns din algo, outros son enunciados, outros fan debuxos ou fotos.
Agora podes comprala nos seguintes sitios: OFERTA DE LANZAMENTO 2,50 €
Antes tiñas que ser rebelde para tocar rock and roll, porque se non eras quen de escandalizar a ninguén non ia haber adolescentes que pensaran que molabas e che utilizaran para proxectar a través da súa música as ganas que tiñan de dicirlle ós seus pais que non querían ser coma eles. Agora iso é un anuncio de Mentos, e Mick Jagger é un señor de setenta anos que se esforza en ser erótico e nos dá repelús porque o consegue. Iso é escandalizar? Probablemente, pero entón a cousa cambiou moito.
En Shine a Light, a peli que fixeron os Rolling con Scorsese, eles tocan no cumpreanos de Bill Clinton. Nos sesenta non se lles tería ocorrido ser tan colegas dun político (un ex-presidente ademais, que son os peores), pero aquí aparece Keith Richards e dille a Clinton "Alégrome de verte". Co cal, ou ben os Stones sempre estiveron no allo ou Clinton, aquel político que fumara porros pero sen tragar o fume, comparte con eles algunhas experiencias. Narcóticas, sexuais? Queremos que os nosos políticos dean sensación de perigo? Somos un pouco contraditorios, supoño. John Kerry tocaba o baixo, Juan Fernando López Aguilar a guitarra nos comités do PSOE e Baltar o trombón. Destes o último é o que máis ten que ver co rock and roll, e probablemente sexa pola sensación de perigo. Barack Obama, a única estrela de rock da actualidade, foi máis lonxe que Clinton e recoñeceu que tomara cocaína. É máis, que era o único que lle daba sentido á súa vida alienada aló polos oitenta. Obama, o home perfecto, non só se droga como Jim Morrison. Tamén apareceu na tele bailando unha canción de Beyoncé, cando só era senador (como Bárcenas daquela), co cal suxeriu como tantos outros artistas do espectáculo a súa potencia sexual (que esperar de alguén que se move así?). E ademais diso canta marabillosamente, como fixo cando un montón de cantantes de blues (tamén Mick Jagger) lle pasaron o micrófono mentras tocaban para el na Casa Branca.
En España hai un presidente aparentemente menos rock que Obama, pero Rajoy revélase pouco a pouco como o máximo representante da sociedade do espectáculo. A distancia entre a política e o espectáculo redúcese cada vez máis, igual que pasou coa distancia entre o rock and roll e o espectáculo. Entón non está moi claro se queremos dos políticos ese risco atractivo ou o aburrimento perpetuo. E as cousas mestúranse e Rajoy, desconcertado, ofrécenos entretemento permanente cando prometía todo o contrario. Nós queríamos ser como Obama, que suxire elegantemente a súa superioridade racial en canto a talento político, artístico, mental e erótico, pero Rajoy ten o encanto castizo do non acertar nunca pero seguir pretendendo que si. É unha definición de España pero tamén do punk, que fixo do erro a súa razón de ser porque había que rebelarse contra as cousas ben feitas do rock e da política progresivos.
Queiramos políticos ou queiramos estrelas, debemos manter a potencia sexual de Rajoy en segredo porque desvelala remataría co misterio que necesitamos
Entón, poñamos unha ristra de nomes
Conde Roa Keith Richards Bárcenas Johnny Cash Sid Vicious Feijóo Beiras Johnny Rotten Marvin Gaye Fabio McNamara Rubalcaba
E unha lista de palabras clave
Droga Peineta Corbata na cabeza Guitarra Berrar Incapacidade Ridiculización Mafia Asasinato Liberdade Sexo en grupo Ajax Pino Federalismo
E escoitemos como algúns demócratas defenden que o que lle gustaría a certa xente é volver ó tempo no que as cousas se decidían a ostias na porta dun bar ata que algún dos dous sangrara ou morrera. Os motivos para pegarse eran os de sempre do rock e da política: os mods pegan ós rockers porque non son mods, como en todo movemento xuvenil que é fascista porque toda a rebeldía pasa por negar ós demais o dereito a existir. Entón a democracia defende que un ten que respetar as normas ante todo. Pero os mellores gañadores e perdedores de eleccións, esas grandes estrelas, son grandes rebeldes totalitarios e megalómanos que ou ben saltan as normas ou ben as cambian como lles convén. E, igual que nos pasaba con Obama e o seu enorme atractivo, queremos facer o mesmo pero somos demasiado demócratas. A democracia son os pais, e ós pais podemos terlles moito cariño pero o seu é non ser coma eles. O anuncio de Mentos podería ser o principio da revolución, quen sabe. O talento político de Beiras non vén tanto da súa intelixencia e brillantez senon de que a pon ó servizo de tocarlle as pelotas ás normas democráticas ata o punto de saltalas sistemáticamente dentro do seu propio partido que promete a democracia máis extrema. Pero con líderes como Beiras quen quere democracia? A democracia tróuxonos onde estamos, a democracia acabou co rock and roll e hoxe o único que temos é un entretemento permanente tan marabilloso e perfecto que nunca sairemos á rúa salvo que o entretemento estea aí e as manifestacións son de todo menos divertidas. Cando enfrontaremos os poderes sexuais de Beiras e Baltar? Que papel xoga Carme Chacón en todo isto? Tardamos anos en descubrilo, pero o que queremos é sexo, drogas, perigo, baile e rock and roll: votamos ó PP por cobardía para que o fagan por nós e a Eduardo Madina fáltalle unha perna co cal vai ser unha opción minoritaria en calquera deses aspectos.
Na primavera de 1981 o grupo de rock Public Image Ltd. (PiL) tocou no
Ritz en Nova York. A pantalla de video tamaño cine daquel club, que
funcionaba como unha barreira e se usaba para crear ou motivar a
reacción da audiencia, foi o centro da actuación. Os tres membros
de PiL eran proxectados na pantalla, como sombras (eran iluminados
por detrás para as cámaras de video) e como imaxes de video. Unha
imaxe xigante da cara de John Lydon, rindo, apareceu, máis grande
que o Mago de Oz. Comezou a cantar, e entón a imaxe en directo
cambiouse por unha cinta pregravada dun demente video comercial de
rock. Furiosa diante das fantasmagóricas, ritualísticas siluetas do
grupo detrás da pantalla – en lugar de, como habitualmente,
directamente enfronte deles – a audiencia interrompía
constantemente a música. Bombardearon a pantalla con botellas ata
botala abaixo. O grupo non pretendía causar un disturbio; nas súas
palabras, estaban probando algo novo. Non querían continuar
mecánicamente co rol aprendido de entertainer rock.
Como Keith Levene de PiL recalcou nunha entrevista na revista ZigZag
en agosto de 1981, “Eres máis honesto poñendo un video ou
enviando un video a facer trinta datas en lugar de mandar unha banda
por aí a facelo... Estás de pé alí dicindo 'despois de que
mercarades o noso álbum por tantas libras e escoitarades o xeniais
que somos podedes sentar diante de nós e ver o xeniais que
somos...'” Dende aquela PiL volveu á actuación rock convencional.
É case necesario para unha banda de rock traballadora no circuito de
clubes ter un axente de contratación e/ou manager. Se o propietario
dun club trata directamente coa banda, e non cun compañeiro de
negocios, ofrecerá menos diñeiro. Os grandes clubes de rock en
Manhattan teñen todos basicamente a mesma política para tratar coas
bandas. Algúns destes son verdadeiros escaparates pero outros son só
fachada. Fanse envíos de propaganda para veladas especiais; estas
noites non son realmente especiais, pero si dan a impresión de ser
patios de recreo para o mundo artístico, atraendo así ó mundo
non-artístico a un evento supostamente chic polo que pagarán. (Como
en pasados movementos da vangarda, estes clubes aprópianse da “lei
da asemblea” no sentido de que o “mundo real” e o “mundo da
arte” se separan en capas.) Co obxectivo d manter unha aura de
elite os clubes tamén ofrecen o seu espazo para festas de “noites
de arte” ou festas de cine e video ás que só se entra por
invitación. Renovándose constantemente, abrindo novas pistas e
redecorando, cada clube pelexa pola posición de “clube de arte
favorito”, como unha alternativa aínda máis nova ós espazos
alternativos do mundo artístico. Semella ser o que o mundo artístico
quere. E na outra cara, as noites de video/música nos “espazos
alternativos” oficiais están deseñadas para replicar a atmosfera
lounge dos clubes, con monitores e coxíns esparcidos
informalmente a través das habitacións. Así a relación simbiótica
converteuse case nunha fórmula para unha certa clase de éxito nos
mundos da arte e dos clubes.
A atmosfera de club fai tan pouco pola arte que está innovando como polas bandas, e tende a subordinar a arte ó propio sitio. Mesmo
unha visión tan personal como a de Jim Fouratt, cando se ocupou da
contratación noutro club de Nova York, Danceteria, pode rapidamente
tornar nunha embalaxe explotadora. O apoio que deu ás bandas
americanas (cunha concentración en bandas locais, de Nova York), en
lugar de seguir a política máis segura de contratar bandas inglesas
en xira, verdadeiramente creou unha situación alternativa nos clubes
por un curto tempo. A súa noción da arte nos clubes –
exemplificada por esta actitude cara a música – non tratou
simplemente a arte como decoración de interiores, senon que lle
permitiu manter unha certa integridade. A principal atracción
nos clubes estilo lounge é unha sorte de voyeurismo sexual
estilo rañaceos formado pro proxeccións, en diferentes pistas, de
diferentes eras e “estilos de vida” estilizados.
Así como na escena de clubes do pasado había o que se chamaba “Fuck
Rooms”, agora a atmosfera neles é normalmente deseñada para ser
máis ben de sublimación, ata o punto dunha esterilidade que se
converteu nunha clase de erotismo non sexual. A noción de
resistencia – a retención do contacto entre a xente – é unha
situación común nos clubes actuais. A súa atmosfera deseña a
distancia – da arte, da música, das outras persoas, e dun mesmo.
Os monitores de video son aparatos de deseño estándar; as imaxes
están alí para soster ós clientes, mentras as relacións
comerciais se mesturan con fantasías – sexuais, laborais ou dalgún
outro tipo. A atmosfera lounge fai que a clientela se sinta
como na casa ou como na casa de alguén rico, creando unha
confortable extravagancia típica dos clubes privados pequenos e
exclusivos. As imaxes amosadas nos videos pasan máis ou menos
desapercibidas, e funcionan máis ben como as televisións que se
deixan acesas. No seu discurso sobre a desaparición do tráxico,
causada pola desaparición do suxeito na arte e a súa subsecuente
reaparición, Manfredo Tafuri declara, “A experiencia do “tráxico”
[neste século] é a experiencia da metrópole...” “A
'intensificación da estimulación nerviosa' inducida pola rápida
acumulación de imaxes cambiantes, a penetrante discontinuidade na
comprensión dunha simple mirada, e a imprevisibilidade das
impresións precipitadas" foron interpretadas por [Georg] Simmel
como as novas condicións que xeneran a actitude hastiada do
individuo da metrópole...” (de Architecture and Utopia: Design
and Capitalist Development, 1976). A diferencia dun estilo
decadente en plan “Gran Gatsby”, esta xente pagan todos entre 5 e
10 dólares polo seu placer e entretemento sexual. A maioría das
bandas contratadas tocan rock bailable e accesible.
Cando estás realmente no escenario logo de lidiar coa “merda do
rock'n'roll” e darte de conta de como o sistema de son da discoteca
está moito máis alto que o que ti estás usando para tocar, rezas
para que os teus instrumentos non se rompan e comezas a tocar.
Esquéceste de calquera outra cousa no mundo. Esqueces canto
cobras e que non estás realmente tocando para rapaces novos
entusiasmados, senon para aburridos xóvenes adultos - e vólvese un
reto tentar movelos, reventar os seus cerebros, poñer algo cortante
na atmosfera usando o que é agora unha ferramenta social
tecnolóxicamente primitiva, a guitarra eléctrica.
O clube é o mediador ou marco a través do cal a música é
comunicada. A banda literalmente enchúfase na tecnoloxía do club
para magnificar o son, transformando unha posibilidade nalgo
auténtico, facendo o que os propios músicos escoitan accesible a
unha audiencia.A xente paga para ver a outros crer en si
mesmos. Tal vez a xente non sabe se eles poden experimentar o
erótico ou se só existe nos anuncios; pero no escenario, no
medio do rock'n'roll, moitas cousas suceden e calquera cousa pode
suceder, tanto se a xente ven de voyeur ou ven
para entregarse ó momento. Como un intérprete sacrifícaste a
ti mesmo, atravesas os movementos e as emocións da sexualidade para
toda a xente que paga para velo, para crer que existe. Canto mellor e
máis convincente sexa a interpretación, máis poderá a audience
identificarse co aspecto envolto en tal gasto de enerxía. Os
intérpretes parecen estar rendéndose á audiencia, pero no proceso
conseguen o control das súas emocións. Comezan a dominar a
situación a través da admiración inspirada pola súa total
rendición a eles. Alguén que traballa duro no seu traballo non vai
converterse nun “heroe”, pero pode gañar os cartos
suficientes para poder permitirse ser liberado temporalmente a través
do entretemento. A un intérprete, porén, como o heroe,
pagaranlle para ser sexualmente incontrolado, pero pero seguirá
estando á mercede dos clubes e da maneira na que os medios dan forma
á identidade. Canto tempo pode un continuar exercendo
intensidade antes de volverse amaneirado e deshonesto?
A noción de fundir a vangarda e a cultura popular (a tecnoloxía
multimedia) nun artista atópase na súa forma máis exitosa nas
recentes actuacións de Laurie Anderson. A posición que Anderson
representa, como alguén que trascendeu o illamento do mundo da arte,
implica unha clase de heroismo diferente a aquel da personaxe do
rock'n'roll, que representa, aínda que sexa miticamente, un
sentido de sexualidade real, de vida ou morte reais. A aparencia
andróxina de Anderson e a súa voz mecánica crean unha impresión
de perfección organizada, expresando o ideal como non sexual. Ela
creou a súa propia atmosfera de dominación e simulación duha
tecnoloxía que é normalmente mistificadora. En calquera sitio no
que actúe, consegue o que os clubes non poden; manipula á audiencia
a través do non visto, creando momentos que cambian e se moven sen
esforzo. Como nas presentacións multimedia de organizacións
relixiosas e negocios corporativos, a seducción de Anderson suxire,
“Senta e reláxate, non penses, déixanos facelo por ti, déixanos
ensinarche como.” Ela está a identificarse cunha orde máis alta
de poder tecnolóxico. A tecnoloxía que crea as conveniencias para
un certo tipo de “supervivencia” (e coas aparencias da vida –
erotismo, placer) dentro do sistema de comodidades está dispoñible
para científicos, publicidade corporativa e outros medios
comerciais, pero non para artistas. Nun esforzo para alcanzar o
mesmo grao de autoridade que aquel conseguido a través dunha
seducción tecnolóxica, o intento orixinal da arte/artista é
intercambiado polos obxectivos dos “outros”, isto é, pola
apropiación da xente.
Elvis Presley, Eddie Cochran, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim
Morrison, Sid Vicious, Darby Crash e Ian Curtis morreron todos polo
noso sentido de “heroismo” oposto ás representacións
conceptuais que fai Anderson do neo-heroismo. Usando os seus egos
para dar forma á música – nalgúns casos crendo na imaxe que
deles crearon os medios e noutros formándoa eles mesmos, creran nela
ou non – usaron esa imaxe para destruír, dentro do seu propio
sistema, o estándar do que sucedera antes, dando pé a novas formas.
A audiencia pagou para velos facer isto, e tamén para presenciar
a destrución das propias vidas dos artistas – a liberdade ilusoria
converténdose nunha verdadeira liberdade...
Pulsa na imaxe e faina máis grande para apreciar o traballo de Ari, que é licenciada en coches.
Dixéronme
que deseñara con Ari un coche para a revista PORNO (Ola Ari). O
caso é que non remataba de convencerme a idea de deseñalo porque me parecía que o resultado ia ser unha merda, (non por Ari, claro)
así que non me comprometín a nada e deixeino pasar. Co paso do
tempo, deume por pensar o motivo polo cal un home tan vinculado ao
mundo automovilístico de PORNO coma min, non se decidira a levar a
cabo un tan apaixoante proxecto, e decateime de algo. A causa de que
eu non me comprometera foi que non vía o resultado, non quería
velo, non me gustaba, apartaba da miña cabeza a imaxe desa páxina
do primeiro número da revista PORNO, asqueado só de pensalo, e
descubrín por qué: Eu non quería ver ese coche, quería imaxinalo,
non quería que a xente o vira, quería que a xente o imaxinara. Así
pois, pouco antes da data límite de admisión de aportacións de
contidos para a revista (ou incluso despóis de dita data, pero pode
que mañá soborne a un tipo) púxenme a escribir este artigo. Así
que, “putos porreros de mierda” (que ninguén se ofenda, pode que
alguén o entenda) preparade o voso maxín para escoitar o son dos
motores deste apaixoante automovil (se sodes apaixoados, se non,
pasade páxina) e deixade voar ás vosas imaxes sobre estas
palabras:
As llantas
(ou tapacubos) serían vinilos, un distinto en cada roda, con brazo e agulla e todo, que soarían, como é lóxico, ao ritmo da
carretera. Os faros serían as válvulas incandescentes a piques de
estoupar, e o son sairía polo tubo de escape, como é habitual. O
capó, diante do parabrisas, sería unha plataforma adaptable para
soportar a calquera banda de música, con tódolos seus instrumentos
e equipamento de directos. Así, en vez de ver a carretera, veríades
o ceo (ou o inferno (ou o termo medio típico dos grupos que cando
ves en directo dis “ni me va, ni me viene”, (polo que
probablemente acabarías por mirar a carretera)))
O maleteiro
sería unha xaula de cans, e o asento traseiro sería un acuario de
cen litros con peixes Betta machos, que irían saindo por trampillas,
a dos azuis situada do lado dereito e a dos vermellos do esquerdo, e
formando un fermoso e colorido fondo de acuario. Nalgún lugar
habería un display LCD de duas liñas retroiluminado que iría
visualizando un marcador. Da apertura das trampillas e da
actualización do marcador encargaríase un mono de Marrakech, para
evitar un autómata.
Na guantera,
a documentación; un feixe de billetes de 500 al portador, para facer
feliz ó atractivo axente de tráfico de turno, que seria nomeado
membro de honor de PORNO, e sairía a sua foto no desplegable da
páxina central do seguinte número da revista, limpando o cú cos
cartos. Unha serie de fenómenos sobrenaturais bíblicos serían
proxectados en 3D e explicados detalladamente polo cura da parroquia
(quen por algunha extraña razón, tamén limparía o cú), nunhas
gafas que caerían do teito coma as mascarillas de oxíxeno nos
avións, para a salvación das almas. O airbag sería unha bolsa de
palomitas de millo, toda unha sorpresa, ¡e que ben cheiran! O asento
do copiloto sería, en caso feminino, un dispositivo masturbador como
o que fabrica George Clooney en "Quemar despues de leer", e
en caso masculino como o que lle fai a palla a Robert Duvall en "THX
1138". Unha liña de Fax personalizáda faríanos chegar un
documento coa programación de concertos e actividades culturais
previstas e a ruta máis adecuada para chegar a eles, máis ou menos
turistica en función do tempo dispoñible (no caso de elexir un
evento moi distante temporalmente, perderíamonos polo mundo adiante
antes de chegar (ou non (ou si (eu penso que si)))). Nalgún punto do
interior do vehículo habería un casete de video formato Betacam SP
dos grandes a modo de decoración, colgado do retrovisor, ou en
calquer outro sitio. Non sei por que, pero estaría ahí.