domingo, 27 de julio de 2014

Editorial #2




Estamos en contra de moitas cousas. PORNO existe para estar a favor de algo:

  1. Non nos gusta agora. Gústanos antes, pero antes xa pasou. Somos futuristas, pero o futurismo xa pasou tamén. Estamos en contra do progreso (Internet, tablets) e en contra do retroceso (o revivalismo sixties vintage). En PORNO queremos algo novo do que estar a favor, como unha especie de sintetizador-orgasmatrón.
  2. Hoxe nada é importante. PORNO somos inimigos da falta de contido e a pretenciosidade: dominicales, profesores de secundaria, cartas al director, interiorismo, turismo, emprendedores, militar por internet. Somos románticos, queremos poder dicir cousas trascendentes sobre o destino, o amor e a sociedade sen parecer imbéciles ou ilusos. Queremos ser importantes.
  3. A música agora é ocio, e iso implica que vai despois de todo o importante. Mellor ó revés. A música agora é entretemento, e estamos contra o entretemento. E contra o aburrimento. A xente quere marchar dos concertos e vai a eles como se fora a facerche un favor. Os concertos antes eran maxia ritual e se tocabas mal determinadas cancións podían executarte. Ter unha guitarra é ter unha responsabilidade. PORNO tentamos actuar conforme a isto.
  4. A idea do pop vén da idea do popular. Antes de que puideran gravarse sonidos, a música facíaa a xente co que tiña a man. En todas partes hai sillas e potas. En case todas partes hai ordenadores e móbiles. En PORNO non hai profesionais: os dominicais están cheos de profesionais, e os cementerios. O que facemos nós pódeo facer calquera. Estamos a favor do pop, a favor do muro de sonido. Ningún nen@ sen teclado Casi@.
  5. Isto é parecido ás foliadas, pero calquera idea de tradición é mala e aburrida. Estamos en contra da repetición vacía. Estamos contra repetir por medo, contra repetir por comodidade, contra repetir porque se sabe que algo funciona. Estamos a favor de repetir por sorpresa sorpresa.
  6. O rock and roll estivo ben pero xa. Leva demasiados anos dando lástima. Somos xóvenes e por iso estamos contra todo o que nos deron. A única maneira de seguir sendo rebeldes é fracasar constantemente. En caso de gañar seremos tristes xubilados funcionarios como o 90% do país.
  7. Hoxe importa parecer, antes importaba ter e máis antes importaba ser. Nós queremos ser, queremos suceder, pero non como antes. Só se pode suceder agora. Nada sucede en Internet, nin sequera PORNO. O táctil e o 3D existían antes de Cristo.
  8. A música que queremos ten que ver co sexo, pero non co sexo de despois da música e o atractivo dos artistas, senon mentras a cousa acontece. Ninguén pode facer o amor por ti. Prescinde dun autómata e faino ti.
  9. Estamos organizados para que poda pasar calquera cousa. O contrario é aburrido. Ser eficiente é aburrido. Estamos mal organizados. Buscamos un equilibrio entre controlar o que facemos e perder o control. Non queremos controlar a ninguén.
  10. Estamos a favor de dubidar. Hoxe todo o mundo está seguro de estupideces. Pensaches algunha vez que Internet podía ser unha merda? En PORNO non sabemos argumentalo porque dubidamos, pero sabemos que a maioría da xente está equivocada.

lunes, 30 de junio de 2014

Revista PORNO #2

Hai moita información aquí, agora.

Saíu o segundo número da Revista, 56 páxinas de delirios románticos, entrevistas auténticas, diálogos ridículos, diatribas agresivas e imaxes apasionadas. Dúas edicións especiais con temas de actualidade, unha centrada nas Olimpiadas de Brasil:


E outra na que nos despedimos da Reina Sofía:



Neste número aparecen:

Aries, Lúa Picnik, Guerrera, Berto Fojo, Leo Sousa, Wild Balbina, Mike Watt, Fantasmage, Bill Coppel “El Mierdas”, Cazador, Jerry Marfil, Novedades Carminha, Misterioso Viaje Holanda, Yulian Mdfka, Rönha, Das Kapital, Luke Homo, Grampoder, Gorilas a Pilas, The Lost Omelette-Makers, Xoán Rábade Mato, Terbutalina, Lady Leño, Dante y Lou, Mar Ocampo, María Villamarín, Rafa Anido, Belöp, Ataque Escampe, Sara Roca, Los Televisores, ODP, Julia Huete, Ataque Escampe, David Tombilla, Anxo F. Couceiro, Terror Erótico Adolescente, Artur GoodLookin', Familia Caamagno, Pussy Galore, Cibrán, Súxes Salotte, Psychotic Acid Freek, Shakey, Pussy Galore, Martín González, Fame Neghra, Simón Blanco, Dirty Barriguitas, Estrambote, Srasrsra, Apostolos Papts, Eba Reiro, Óscar Raña, Donato e Rano Czajkowski.


Pódese mercar xa en:

Liceo Mutante (Pontevedra)
Discos Portobello (A Coruña)
A Reixa Tenda (Santiago)
Miranda Cultura para Levar (Santiago)
Sindicato del Cómic (Ourense)
El Pueblo Café Cultural (Ourense)


Para calquera movida, escríbenos a:

revistapornofanzine@gmail.com


O NÚMERO 1 PÓDESE VER E DESCARGAR DE BALDE AQUÍ:



jueves, 22 de mayo de 2014

Ataque Escampe - Noites de agosto con Ataque Escampe (2012)



Por Luke Homo

A alma e o intestino están no mesmo sitio para os galegos, máis ou menos. Entón, as festas da parroquia, as verbenas, son un momento perfecto no que todo o dramatismo da vida pode aparecer. Xogar ás escopetas como metáfora de algo. Escoitar o playback da orquestra e que nos dea igual, como aquel chiste da señora á que lle preguntaban como lle gustaban os ovos e dicía "que peten" dándose uns golpes lascivos coa man no queixo. Cousas que peten, ideas que peten. Como mínimo Ataque Escampe son un grupo con imaxinario, ou con imaxinación. E nestas cancións hai moita xente tocando cousas e berrando frases moi elaboradas pero que teñen algo de cando estás bébedo vendo á Panorama e te ves a ti mesmo como un deses señores elegantes con monóculo dicindo cousas lúcidas. Oxalá estivera alguén grabando ese momento e así puidera dicirche se o que dicías era intelixente ou só eran palabras de borracho mal xuntadas. O verán pasado fun ás festas de Lanzós e uns amigos do meu primo ían pagando rondas de gintonics e chegou un punto en que me levaban tres de ventaxa pero non estaban máis borrachos. Pero eu non o sabía, tiña a confianza do borracho como para falar de política con militantes do PP, tiña esa seguridade aplastante que nalgún punto se convirte en savoir faire (cousas que só ten sentido dicir en francés) e creo que iso é o que está neste disco, na maneira de cantar e nalgunha outra cousa.

Unha maneira moi boa de queixarse de calquera música é dicir que non vale para bailar e cargarte toda a carreira de Brian Eno, pero ó final calquera cousa se pode bailar, incluso a música de ascensor. Sabíades que Brian Eno compuxo o ruido de inicio do Windows? Imaxinádesvos ó público das festas de San Pedro bailando iso? Falar de bailar en música que non pode bailarse é algo que non se sostén, pero creo que aquí o saben. Xuntar na mesma frase Baltimore e Bertamiráns pode parecerlles pedante a moitos, pero ó fin e ó cabo hai xente que fala de foder nunha frase e de Walter Benjamin na seguinte. É interesante poder perder o pudor e vivir tranquilo, a min gustaríame facelo e podo dicir que me encanta este disco sen que me dea vergoña porque é realmente bo. É tan bo que probablemente nunca serán capaces de reproducilo en directo, e iso alégrame. Dende aquí quero facer un chamamento a diferenciar dunha vez por todas os discos dos directos, e dígoo tanto para os músicos como para os que vos gusta escoitar. Poden ser artes distintas, como o cine e o teatro máis ou menos, e nós chamámoslle música a todo. Entón, sería mellor non ir ós concertos esperando que toquen as cousas como no disco. Ataque Escampe non o van facer, en parte porque non queren e en parte porque non poden, pero tampouco necesitan demostrar nada. Está ben ser o grupo máis sutil do mundo cando grabas no estudio de Tomás Ageitos, porque así podes tomalo con algunha calma, meter todos os instrumentos que se che ocorran pero sen sonar recargado, que apareza percusión por todos lados e ata conseguir cousas que son en parte un himno, en parte bailables e en parte cancións para reflexionar. E logo tocar en directo e ser como unha peña de señores con bigotes que cantan cancións despois de ter feito a paparota das súas vidas outra semana máis. De aí a ser un grupo de punk hai pouca diferencia, pero ó mellor é a que lles falta.

Entón, o bo de todo isto é que foron capaces de facer experimentos con ritmos latinos e esas cousas e non quedarse no postureo de dicilo nas letras, igual que poden falar de crooners ó mesmo tempo que se están comportando como eles, pero queda unha distancia irónica. Como cando te ris só porque sabes que estás facendo algo fora de contexto pero ninguén máis se dá conta. Como botar un peido moi forte nunha marquesina do Cal Pita ou do Vitrasa. Non sei que autobús queda mellor como referencia, este último é no que ían Siniestro a Samil, pero imaxino que a Ataque Escampe lles gustará máis facer referencias ó Castromil porque é algo moi galego iso de homenaxear ós grandes das nosas letras poñéndolle os seus nomes a uns autobuses, e eles están creando unha especie de mítica propia que está moi ben, porque podes convertir a empanada nun alimento fantástico para o intestino pero comela tamén como un exercicio de patriotismo rancio e para alimentar a túa alma. Unha ronda de Galicola para todos.

viernes, 9 de mayo de 2014

Estrambote - Ídolos y héroes (2013)



Por Pachi López-Vázquez

Non creo que o que me guste deste disco sexan as cancións. Máis ben debe ser o sonido, que me fai sentir como na casa. Hai un montón de teclados que ocupan todo o espazo e para min funcionan un pouco como mantas, capas que te pos por riba para non ter que preocuparte demasiado de ningunha outra cousa. Non hai nada cortante, hai unha voz que canta con parsimonia, case con preguiza. Conta cousas sobre personaxes e situacións, que realmente non é tan habitual como parece e ten a súa complicación. Non é moi habitual que a xente se tome a calma de describir a alguén atendendo ós detalles como pasa aquí con "El rey del barrio de Teis" e a sensación é bonita. Por iso o sonido é cálido, porque ó final podes sentarte tranquilo e esperar a que che expliquen esas historias. As baterías danlle a tensión, porque noutro contexto podían ter o rollo Phil Spector do que falan eles no seu Bandcamp, e non hai por qué queixarse porque a música popular aínda está intentando superar os seus cinco mellores segundos, que son o principio de "Be my baby". Estrambote non son tan relevantes, e non sei exactamente o que tentan ser porque a sensación que me dá é de que as súas decisións son moito máis pensadas do que é habitual nos mellores grupos de por aquí, que ó mellor me enganan pero sempre me dá a sensación de que as cousas lles saen de dentro un pouco porque si. Tal vez por iso as cancións son menos importantes pero a experiencia de escoitalo ten algo de especial, porque te montas sobre uns cantos medios tempos que tampouco paran ata o final e ves cousas. E escoitas pandeiretas metidas no momento que deben estar metidas, e olvídaste bastante do resto dos instrumentos porque forman parte do que está mandando a sensación xeral. Non hai problema con iso. Non confundades a paciencia coa rutina. É de agradecer un pouco de calma entre tanta urxencia e cousas que van tan rápido, aínda que ó final poida ser inútil.

jueves, 17 de abril de 2014

Los Locos Hongos / Vietnam - Split (2013)



Por Rober Bodegas

Non entendo nada do que están dicindo Los Locos Hongos, pero paréceme mellor así. As voces só de vez en cando, xeneroso. Xa está ben de discos nos que se sabe o que está pasando. Porque se non o sabes estás inquieto e podería pasar calquera cousa. É interesante usar te mueras. Tes unha caixa cunhas letras e uns debuxos e segues sen entender nada, só ves palabras raras. É estraño, non te enteras ben. É un antes, as violacións pronto. Hai melodías e voces raras de fondo no medio dunha morea de guitarras, pero non podo dicir moito máis. Papá é máis enrollado? Ás veces sona unha sección rítmica dando caña, hostil. Leva máis tempo acabar unha canción ou empezala? Estou farto de que os grupos non me deixen espazo, quero sacar as miñas propias conclusións, non son imbécil, que non mo dean todo feito. Leva machine. Ojalá que te mueras. Ojalá no te mueras. Ojalá que te muevas. Te deseo lo mejor. É un ritmo pesado co que non sei como comportarme, pero encántanme as melodías podres e esas ideas de que o máis romántico, o mellor para estar xuntos é estar ben jodido, o amor está estropeado, aquí, en Cangas e en Vietnam. Kim, repetir riffs obsesivamente podres e esas ideas de que o sonido ás veces é moi forte cousa. Estou escoitando isto por internet. É moi inquietante, hai ruidos que son agudos e me poñen nervioso pero en plan ben, e hai dinámica, o sonido ás veces é moi forte e ás veces é suave. Kim Novak era loira e de busto xeneroso. Hai ecos, como se estiveran tocando nunha igrexa, e iso é complicado de asimilar para min. Máis melodías e voces raras de estropeado, aquí, en cangas sen entender nada. Agora o papa é máis enrollado que antes, as violacións pronto serán legais. Os casettes sonan ben cando están gravados en casette. Esta xente vive en mundos parecidos pero antípodas. Hai para parecer máis nervioso coa machine. Sabes? Estás obsesivo. Busto ritmo pesado co que non sei dicir moito máis. Deixen espazo! Repetir riffs obsesivamente é mellor que deixarse morrer pouco a pouco, aínda que as cancións sexan breves como espasmos dun colapso nervoso. Para parecer máis nervioso só fai falta música e unha máquina cut-up machine metal machine. É interesante usar as voces só de vez en cando, porque se pode dicir máis coa machine. Os casettes ben jodido, o amor está.

http://seararecords.bandcamp.com/album/split-locos-hongos-vietnam

Terremoto Sí - Demo (2013)



Isto empeza cun ritmo imparable e sucio, eléctrico pero incluso na batería, estou sentado pero movo os ombros, as pernas non porque estou canso e hai que ser moi moi moi bo e seguramente estranxeiro para erguer da silla a alguén cando está verdadeiramente apalancado. A portada que hai posta no Bandcamp encántame porque non sei de que vai. Que grupos poden tocar en museos e que grupos poden tocar en verbenas? Que tristeza non poder tocar nin nunha nin noutra.


Logo atendín un pouco ás letras e non sei moi ben o que din, prefiro a música, é menos concreta. É firme e valente, logo hai por aí algún símil soviético e todo me ten un aire militar. Termitas e cormoráns sempre me pareceron animais de combate. Terremoto si é un gran nome, case tan bo como Gato Bazooka e quizais un pouco mellor que Tigres Leones. Ás veces todo é incluso solemne e serio, pero podería ser broma. Pájaro loco, pajarete, riffs de garaxe.

martes, 1 de abril de 2014

Fantasmage - Fantasmage (2012)



En el instante siguiente.
 hay bulla es un título genial. sonrisa. o todo lo contrario.
lo de los empujones de antes. rincones de discotecas. guateques sucios.
hombre gordo sudoroso, el club y todo eso.
 parásito que absorbe la personalidad. sin colores.
 sería una foto de familia disuelta. no puedes ir por la vida sin un plan.
acuestate con la luz de los hospitales y de los insectos
una chica, puede ser la adolescente de antes. importa. los huesos están mojados y fríos.
hay una pared (sudor) sobando a una adolescente tungente. rimmel barato
en realidad no hay bulla. el rock n roll antes o después.
acabar: la manera de tocar los platos de Tommy Ramone proviene de la sangre de los semejantes.
eres un impresentable. desconfia de los marcos de las puertas cuando hay un terremoto, consejo de padre.
 boca en relación a la humedad. una rima fácil; muevete y di que bailas. empuja, deja que te toquen.
húndete corrido. petróleo. colores. no creo que
el truco esté en la mano derecha. follar con un alienigena, ingresar en un club, sé repulsivo y
acaba con un acorde inapropiado para joder al padre de Mozart.

 ¿atada? vomitando en un baño. un trailer de flashes, ahora caleidoscopicamente. o quebrada.
falsa modestia. falsa, se trata de volver a empezar algo. no se sabe lo que, pero alma española.
no tenemos carisma. chorreras y olor a aceite de freir.